Menu Mar Viva

Búsqueda

 Palabra Clave


Archivos

Julio 2008
Junio 2008
Mayo 2008
Abril 2008
Marzo 2008
Febrero 2008
Enero 2008
Diciembre 2007
Noviembre 2007
Octubre 2007
Septiembre 2007
Agosto 2007
Julio 2007
Junio 2007
Mayo 2007
Abril 2007
Marzo 2007
Febrero 2007
Enero 2007
Enero 2006
Febrero 1997

 

 INFORMACIÓN, DOCUMENTOS Y ARTÍCULOS SOBRE NAVEGACIÓN, LEGISLACIÓN NÁUTICA, EL MAR...

Categorías

VER TODO
ARTÍCULOS NÁUTICA
BOE, Información Oficial
Boletines autonómicos
Mundo Marino
Recopilación Foro



Boletines autonómicos
 <<-Ant    Sig->>

GALICIA. Portos de Galicia


Publicado el 07-05-2008
[Enviar a un amigo]    [Versión Imprimible]

Resolución do 16 de abril de 2008 pola que se somete a información pública o Plan Director das Instalacións Náutico Deportivas de Galicia.

Resolución de 16 de abril de 2008 por la que se somete a información pública el Plan Director de las Instalaciones Náutico Deportivas de Galicia.



O ente público Portos de Galicia, en cumprimento do disposto na Lei 48/2003, do 26 de novembro, de réxime económico e de prestación de servizos dos portos de interese xeral, aplicable aos portos de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia en defecto de lexislación autonómica propia, elaborou o Plan Director das Instalacións Náutico Deportivas de Galicia.


En cumprimento do artigo 10 da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación sobre os efectos de determinados plans e programas no ambiente, e do documento de referencia emitido pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, é de obrigado cumprimento na fase de consultas poñer a disposición do público a versión preliminar do plan, incluíndo o informe de sustentabilidade ambiental (ISA).


Polo exposto o Plan Director das Instalacións Náutico Deportivas de Galicia, xunto co informe de sustentabilidade ambiental (ISA), sométese a información pública, para que as persoas ou entidades interesadas poidan examinar o documento e formular as observacións que consideren oportunas, para o cal dispoñerán dun prazo sesenta (60) días contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.


As devanditas observacións poderán ser presentadas nas oficinas dos servizos centrais deste ente público, e nas oficinas territoriais, Zona Norte (Lugo), Centro (A Coruña) e Sur (Pontevedra), onde se poderán tamén examinar os documentos correspondentes, durante o prazo indicado e nos días hábiles das 9.00 ás 14.00 horas.


Para os efectos informativos, indícase que os enderezo, das catro oficinas de Portos de Galicia onde se poderá acceder ao documento, son os que se relacionan a seguir:


Servizos centrais: praza de Europa, nº 5 A, 6º, do Polígono das Fontiñas-Santiago de Compostela.


Zona norte: r/ Nicomedes Pastor Díaz, 13-1º-Lugo.

Zona centro: avda. Alférez Provisional, 5-1º-A Coruña.

Zona sur: r/ Benito Corbal, 37-3º- Pontevedra.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2008.

Jacinto Parga Fernández
Presidente de Portos de Galicia